Burela, 4 de abril, 2025. “Ledicia” convoca concurso de carteis co gallo da celebración da XXXIX Feira do Bonito os vindeiros 2 e 3 de agosto de 2025 na zona portuaria de Burela
BASES
1. Convócase o concurso en dúas categorías:
Categoría A: concursantes até 14 anos (incluídos)
Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
2. Poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría na que concursan.
3. O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co enxalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será XXXIX FEIRA DO BONITO, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 2 e 3 de agosto de 2025.
5. A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son:
Cat. A: 15 X 20 cm
Cat. B: 50 x 65 cm
6. Os orixinais poden entregarse ata o día 12 de Maio de 2025 no local social da Sociedade Cultural LEDICIA – Rua do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela:
de xeito persoal os luns entre as 20:30 h e as 22:30 h
por correo postal, no enderezo anteriormente sinalado
se non fose posible acudir ao local, contactar con algunha persoa da xunta directiva
7. Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira.
8. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración; as persoas gañadoras serán convenientemente convocadas para o acto.
9. Tódolos orixinais pasarán a ser propiedade da SCR Ledicia.
10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
Calquera dúbida, enviar consulta a lediciascr@gmail.com

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



