Ribadeo, 9 de abril de 2025. O 24 de maio terá lugar a oitava edición dos Cantos de Taberna, que organiza o Concello de Ribadeo. Os grupos interesados en participar poderán inscribirse ata 16 de maio.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, contou que “a inscrición nos Cantos de Taberna, que xa está aberta, é gratuíta e realizarase a través de turismo@ribadeo.gal ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 128 689. Os participantes deberán achegar a ficha de solicitude dispoñible na sede electrónica da páxina web do Concello http://www.ribadeo.gal// En canto os establecementos que desexen adherirse ao evento deberán poñerse en contacto tamén coa oficina de turismo de Ribadeo a través do correo electrónico turismo@ribadeo.gal ou o teléfono 982 128 689”.
A edil ribadense indicou que “a participación no concurso este ano mantense ata un máximo de 15 grupos e/ou un máximo de 150 persoas en total. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque, non podendo realizar actuacións noutros locais de hostalería que non lle fosen asignados. O repertorio será de libre elección, preferentemente con temas populares e tradicionais, incluíndo algunha obra de arraigamento ribadense, que poderán variarse ao longo do percorrido. E cada grupo poderá achegar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen, sen que en ningún caso esta circunstancia faga aumentar o número de integrantes. Todos os grupos quedarán convidados a unha cea/petiscos conxunta, que terá lugar ese día o 24 de maio, ao remate dos Cantos de Taberna”.
Marta Saiz subliñou que “con esta xa tradicional cita queremos lembrar e homenaxear a aquelas xuntanzas festivas dos anos 50 ou 60 nas que unha tasca, unha xarra de viño e un grupo de amigos eran máis que suficiente para poñer en marcha un improvisado concerto de cantigas populares. Probablemente moitas das pezas populares que hoxe en día se conservan xurdiron desa espontaneidade daqueles anos”.
Para a concelleira de Turismo “esta actividade converteuse nunha cita ineludible para os amantes da música e atrae a numerosos grupos de distintos puntos de Galicia e Asturias, creando un ambiente festivo nos diferentes locais de hostalería participantes”.
Marta Saiz engadiu: “apuntade a data do 24 de maio e non dubidedes en achegarvos a Ribadeo a participar e a gozar desta xornada tan popular e tan festiva como son os Cantos de Taberna”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



