“A nova Alcaldesa Mariña Gueimunde mostrou unha vez máis a súa soberbia no seu segundo Pleno Municipal como Rexidora, non deixando falar e incluso incumprindo o regulamento de orden interno do Concello de Viveiro”
Viveiro, 10 de abril de 2025. Onte celebrouse o pleno ordinario do Concello de Viveiro. Para o Partido Socialista “é totalmente inadmiseble a actitude de prepotencia e soberbia que ten Dª Mariña Gueimunde. Constantemente faltando o respecto aos concelleiros/as da oposición( PSOE, BNG), non deixando intervir cando fai alusións incertas e incluso decindo mentiras sobre o anterior equipo de governo. Cando eran oposición non estaban de acordo coa creación dunha nova plaza de inspector xefe da policía local, para solucionar o conflicto que había na plantilla, tamén contaba con todos os informes favorables. En Xaneiro de 2025 bloquearon (PP e Por Viveiro) esa tramitación. E onte no pleno votaron a favor da mesma proposta, idéntica, o único que variaba era o nome; en lugar de inspector xefe agora chámano xefe da Policía”.
“Pero non sólo iso, tivo a desfachatez de decir que o anterior equipo de governo inventara o nome de Inspector Xefe, cando era unha propasta da Secretaría Municipal e do Xefe de Persoal. A mesma que fixo ela no pleno de onte”.
“E aínda máis, non só fixo esas acusacións, ademais non deixou falar á oposición que tiñan dereito á palabra por alusións”.
“Recordámolle a Alcaldesa que a oposición representa a maioría dos votos do Concello de Viveiro e ao non deixarlles falar e defenderse está atentando contra os dereitos dos veciños e veciñas”.
“Por outra banda, tamén decir que é tanta a soberbia que ten que lle discutía á Secretaria Municipal o funcionamento do regulamento interno do pleno municipal”.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



