Á cita asistiron tamén alcaldes da provincia, como a Alcaldesa de Vilalba Marta Rouco, a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e o Alcalde de Fonsagrada, Carlos López. Na xuntanza estiveron así mesmo concelleiros e concelleiras da Terra Chá e da Mariña, así como representantes e militantes de agrupacións socialistas da provincia.
