Hai uns anos eliminouse o segundo técnico única ambulancia medicalizada que hai na Mariña
A Mariña, 13 de agosto de 2025. En relación ás noticias de que na pasada fin de semana a dotación dunha única ambulancia medicalizada foi claramente insuficiente para a atención que se requeriu en diversas emerxencias que xurdiron, a Plataforma Sanitaria da Mariña quere explicar e aclarar que desde o colectivo “levamos bastantes anos denunciando esta situación de deficiencia que afecta ao transporte sanitario de emerxencias”.
A comarca da Mariña ten unha poboación estable de máis de setenta mil habitantes, poboación que nos meses de verán pode superar as duascentas ou duascentas cincuenta mil persoas. Na comarca a dotación é dunha ambulancia de soporte vital avanzado, que se tería que encargar de todas as emerxencias extrahospitalarias que requiran dese servizo. Máis esta única ambulancia non só realiza estas funcións, senón que está a efectuar traslados interhospitalarios que requiren da presencia de persoal facultativo, xa que o hospital da Mariña non dispón de suficiente persoal médico par poder asumir estas funcións, e que tradicionalmente si facían usándose para tales traslados unha ambulancia que se denominaba UCI móvil. Deste xeito, cando a ambulancia de soporte avanzado está a realizar un traslado interhospitalario a Mariña queda sen o servizo varias horas. Estes traslados son bastante frecuentes ao non poder asumilos desde o hospital por déficit de persoal, polo que hai moitos días durante bastantes horas que non se dispón o servizo para o que realmente foi creado.
“Pero é que a maiores o servizo resulta insuficiente dadas as especiais características da comarca, con poboación altamente dispersa, con lugares de moi difícil acceso nos que se inviste moito tempo para chegar, cunha distancia entre os extremos do territorio de oitenta quilómetros e cunhas estradas obsoletas desde hai trinta anos, que impiden uha áxil resposta ante as emerxencias”.
A solución do goberno da xunta foi permitir a eliminación do segundo técnico
Diante dos problemas de infraestruturas, distancias, accesibilidade, poboación estable, superpoblación nos meses de verán e a asunción de funcións impropias que enlentecen a resposta ás emerxencias, “a gran solución que deu o goberno da Xunta foi permitir que se eliminara a figura do segundo técnico de transporte sanitario na única ambulancia medicalizada que hai na Mariña. Esta figura profesional que foi eliminada resulta indispensable para o óptimo desenvolvemento das emerxencias extrahospitalarias, cumplindo funcións cruciais tanto durante o propio traslado como nas actuacións in situ nas emerxencias. A ausencia destes profesionais desde hai anos motiva que en moitas ocasións se teña que facer uso dun reforzo de soporte básico para suplir as funcións do técnico eliminado da dotación, e polo tanto quitando durante ese tempo un recurso que tería que estar realizando o seu traballo noutros lugares”.
“Desde este colectivo sanitario esiximos á Consellería e ao goberno da Xunta que dunha vez por todas comecen a pisar o territorio, desde o primeiro ata o último camino veciñal ou vivienda e planifiquen os servizos en función das necesidades e non dos recursos económicos nin dos plans espúreos de desmantelamento para a posterior privatización da sanidade. Montse Porteiro, coordinadora da plataforma sanitaria comenta que de todas e todos é sabido que os servizos públicos son moito máis costosos e dificultosos para administralos no rural, polas características territoriais de dispersión, difícil acceso ou outros máis neso consiste a equidade , que parece que tamén eliminaron ese concepto que define aos servizos públicos”.
Privilexios para a monarquía e recortes para a ciudadanía
Desde o colectivo sanitario tamén reprochan á Consellería “o desplegue de medios sanitarios pola visita dos reis xa que nesa ocasión si que houbo unha segunda ambulancia medicalizada, a pesar de que se atopaban a cinco minutos do hospital da Mariña e de que os servizos sanitarios estaban garantidos, segundo están a trasladar sempre. Máis non solo houbo unha ambulancia medicalizada en exclusiva para os reis, senón que esta ambulancia si estaba dotada ao completo, con dous técnicos de transporte sanitario a maiores de enfermeir@ e médic@”, polo que a conclusión á que chegamos é que quen xestiona a sanidade pública está a outorgar privilexios á monarquía mentres recorta á ciudadanía clarificando ben cales son os seus verdadeiros intereses e como entenden a equidade na atención sanitaria”, conclúen.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



