Tras o partido que se decidiu na tanda de penaltis a favor do equipo da Mariña, o responsable provincial valorou “o encontro como unha mostra do gran nivel do fútbol sala feminino na provincia con dous equipos que ofreceron unha gran espectáculo deportivo” e destacou “o bo ambiente no pavillón coas afeccións apoiando en todo momento ás súas xogadoras”.
