O pavillón de Esteiro e o Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol acolleron un evento no que participaron preto de 200 estudantes de ESO procedentes de Betanzos, Mugardos, Fisterra, Cariño, Ferrol, Narón e de Burela
Ferrol, 4 de abril de 2025. O equipo dos tirSOS do Colexio Tirso de Molina de Ferrol e o equipo Burela-bot do IES Perdouro de Burela conseguen o premio Todo Terreo nas categorías Promesas (1º e 2º de ESO) e Elite (2º e 3º de ESO) na IV Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) que tivo lugar, este venres 4 de abril, no Pavillón de Esteiro e no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.
O director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz, e o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), Marcos Míguez, fixeron entrega do premio Todo Terreo na Categoría Promesas ao equipo que maior puntuación obtivo no computo global das tres probas do torneo: o segue liñas, o “barrendeiro” e a “competición de sumo”. Pola súa banda, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, foi a encargada de entregar ese mesmo galardón pero na categoría Elite.
Nesta IV Olimpíada Robótica da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) participaron preto de 200 estudantes de ESO do IES Santurnino Montojo, do IES Concepción Arenal e do Colexio Tirso de Molina de Ferrol; do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Camen La Grande Obra de Atocha de Betanzos; do IES As Telleiras e do CPR Ayala de Narón; do IES de Mugardos; do IES Fin do Camiño de Fisterra; do IES Cabo Ortegal de Cariño e do IES Perdouro de Burela.
Categoría Promesas (1º e 2º de ESO)
Proba: Segueliñas
Premio Correcamiños de Ouro – tirSOS do Colexio Tirso de Molina de Ferrol
Premio Correcamiños de Prata – CurvaduCarmelo do IES Fin do Camiño de Fisterra
Proba: Barrendeiro
Premio Vasoira de Ouro – O Faro do IES Fin do Camiño de Fisterra
Premio Vasoira de Prata – CanetaBot3000 do IES Fin do Camiño de Fisterra
Proba: Sumo
Premio Titán de Ouro –Robotic Team do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Camen La Grande Obra de Atocha de Betanzos
Premio Titán de Prata – Tecnobot do CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Camen La Grande Obra de Atocha de Betanzos
Categoría Elite (3º e 4º da ESO)
Proba: Segueliñas
Premio Correcamiños de Ouro – Torques-bot do IES Perdouro de Burela
Premio Correcamiños de Prata – Reliño-bot do IES Perdouro de Burela
Proba: Barrendero
Premio Vasoira de Ouro – SentoSete do IES Fin do Camiño de Fisterra
Premio Vasoira de Prata – A Charca do IES Fin do Camiño de Fisterra
Proba: Sumo
Prmio Titán de Ouro – Torques-bot do IES Perdouro de Burela
Premio Titán de Prata – O Centolo do IES Fin do Camiño de Fisterra





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



