Ribadeo, 7 de maio de 2025. A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará catro obras no concerto das Letras Galegas que ofrecerá no auditorio Hernán Naval o día 16 de maio, venres, ás 20:30 horas.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.
David Ballester engade: “quero convidar á xente para o que venres 16 de maio ás 20:30 horas veñan ao auditorio Hernán Naval a disfrutar do noso concerto das Letras Galegas”.