Ribadeo, 2 de maio, 2025. A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento e conservación no leito do rego Portobragán nas inmediacións da Ponte, no municipio de Ribadeo.
Estas actuacións contan cun orzamento inicial de 16 000 € e execútanse ao longo de 900 m de leito, co obxectivo de retirar árbores caídas e outros restos vexetais, co fin de evitar a formación de tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro do leito.
Estes traballos realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, xa que nas zonas urbanas os labores de conservación e mantemento de leitos son competencia dos concellos.
Durante o pasado ano 2024 investíronse en Lugo 371 438,36 € repartidos en 34 actuacións en 13 municipios.
Actuacións de conservación e mantemento de leitos
As mal chamadas “limpezas de leitos” son actuacións de conservación e mantemento de leitos destinadas a mellorar as condicións ambientais dos nosos ríos e facilitar o discorrer das augas en pequenas avenidas.
En relación coa prevención de inundacións, fenómenos naturais que non podemos evitar, os labores de mantemento e protección de leitos só son adecuadas e eficaces en casos puntuais (en obstrucións provocadas por árbores caídas na contorna de infraestruturas ou tramos de capacidade hidráulica reducida).
A Lei de Augas atribúe ás Confederacións Hidrográficas competencias que son concorrentes no espazo fluvial con competencias atribuídas ás Comunidades Autónomas e Concellos.
As actuacións en leitos públicos situados en espazos materialmente urbanos corresponden ás Administracións competentes en materia de ordenación do territorio e urbanismo, tal como establece a Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional, artigo 28.4, e, fóra desas zonas, os labores de conservación, protección e mellora dos leitos, ademais de por as Confederacións Hidrográficas, poden ser realizadas por outras administracións ou por particulares, previa autorización.
É importante sinalar tamén que a competencia en relación coa retirada de residuos é municipal, tal como recóllese no artigo 26 a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



