Foz, 2 de maio de 2025. Acia Foz-CCA colaborará por oitavo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 18 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, presidenta da AECC en Foz; o alcalde focense, Fran Cajoto; a concelleira de Comercio, Kathy Navarro; e o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo.
Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que vai ter lugar do 3 ao 18 de maio. Tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que tamén a teña neste 2025”.
Euro solidario está organizada por Acia Foz-CCA a beneficio da AECC coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.
Formación
Acia Foz-CCA organiza o 12 de maio un curso de Canva: “unha ferramenta versátil para o deseño gráfico”. Terá lugar no salón de actos do Cenima de 20 a 22 horas. Os negocios asociados (propietarios e traballadores) poden inscribirse para asistir a esta formación no seguinte correo electrónico: aciafoz@gmail.com























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



