Os traballos na LU-P-6513 consisten na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización desde o inicio da vía á rotonda de acceso á autovía A8 e tamén a reposición de marcas viais desde o punto quilométrico 1,6 ao 17,3
Lugo, 6 de maio de 2025. A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora da estrada provincial que conecta Vilalba con Momán, a LU-P-6513, cun investimento de 200.000€. Os traballos afectan a dous tramos da vía, desde o seu inicio ata a rotonda de acceso á autovía A8, e inclúen tamén a reposición de marcas viais desde o punto quilométrico 1,6 ata o 17,3.
Concretamente, no tramo que vai de Vilalba –desde a intersección entre a rúa Conde Pallares coa rúa Cidade de Betanzos- ata a conexión coa A8, a actuación consistirá na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente, sinalización vertical e pintado mediante marcas reflexivas brancas. Desde aí, no punto quilométrico 1,6, e ata o 17,3 xa no concello de Xermade, o proxecto inclúe a reposición da sinalización horizontal. O prazo de execución destas obras é de 2 meses.
Trátase dunha actuación moi importante para a Terra Chá, porque este primeiro tramo transcorre polo casco urbano vilalbés -dando servizo directo á rúa Cidade de Betanzos, rúa da Ferrería e o Camiño do Rollo- e ten moito volume de tráfico porque é a vía que emprega a veciñanza de varias parroquias do rural para acudir á vila e a Xermade. Ademais enlaza coa LU-P-2204, que comunica o núcleo xermadés de Momán coas Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



