Lugo, 9 de maio de 2025. O Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) acolle desde hoxe a exposición Os maragatos da Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, e que estivo anteriormente en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Monterroso, Mondoñedo e Lourenzá.
No acto de inauguración participaron Francisco Cajoto, alcalde de Foz; o segundo tenente de alcalde, Ángel Fernández; a técnica de Cultura, Pilar López, a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz, Ana Segade; e Xulio Xiz en representación de Egeria.
A Mostra, que poderá ser visitada ata o 23 de maio, está composta por doce paneis -en galego e castelán-, e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e o seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entrega gratuítamente aos visitantes.
Os Maragatos da porta de San Pedro
Cara a 1880, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García (Lugo, 1895).
Con este motivo, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo, e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro María Del Carmen Pérez-Carro García, a máis nova dos membros da terceira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro.
Un pouco de historia
A primeira xeración dos Maragatos da Porta Toledana, avós dos actuais, estableceuse primeiro fronte á Porta San Pedro, fóra de murallas, para alí poder comercial libremente sen ter que pagar os fielatos, un dos cales estaba precisamente situado nesta Porta. Crese que Tomás Pérez Carro (que faleceu en Lugo en 1914) e a súa esposa Vicenta García Carro (falecida en 1944) chegaron a Lugo en 1880 procedentes de Santa Colomba de Somoza, na Maragatería, aínda que como o matrimonio se celebrou o 3 de febreiro de 1883, hai que supoñer que Tomás veu só e, unha vez afianzado en Lugo, casou en Santa Colomba de Somoza e entón a súa muller acompañouno a esta cidade.
A segunda xeración conformárona os seus tres fillos: Carmen Pérez- Carro García que casa con Tomás Carro, tamén maragato, en 1913, e falecería sen descendencia en 1944; María Dolores Pérez-Carro García, que falecería en 1911; e Tomás Pérez-Carro García, nacido en 1895 e falecido o 19 de abril de 1981, que casou en 1932 con María Dolores García Crespo, nacida en 1905, de familia maragata residente na Coruña.
Do matrimonio Pérez-Carro García-García Crespo naceron seis fillos, que conforman a terceira xeración: Tomás (1933), falecido en 1939; María Dolores (1934), falecida en 1992; José (1936), casado
con Gabriela Fole Nieto, falecido en 2016; Andrés (1936), casado con Adela Ríos Panisse; Vicente (1938), casado con María Isabel López- Acuña López, falecida en 2020; e María Del Carmen Pérez-Carro García (1942).
María Dolores, Licenciada en Económicas, foi Delegada en Lugo do Padroado Nacional de Protección de Menores; José, estivo dedicado aos negocios da familia; Andrés, Cardiólogo da Seguridade Social, na actualidade xubilado; Vicente, avogado, foi Asesor Xurídico do Concello de Lugo e María del Carmen, Licenciada en Ciencias Políticas e en Dereito, Graduada en Maxisterio coa carreira elemental de piano, abandonou todas estas actividades para dedicarse en exclusiva ao negocio familiar da rúa de San Pedro para rexer a máis orixinal e emblemática tenda da capital lucense.























Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



