Lugo, 9 de maio de 2025. O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo acolle durante este mes a exposición “Universo Vizoso”, comisariada por Aser Álvarez e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra reúne preto dun cento de carteis e ilustracións, que amosan a evolución creativa do artista mindoniense alén da súa traxectoria como deseñador de Sargadelos, e inclúe a súa escultura “San Froilán”, unha peza do Museo Provincial de Lugo que sae por primeira vez desta espazo para acompañar a itinerancia da exposición.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou na inauguración onde explicou “que a mostra xurdiu como unha proposta para recoñecer e divulgar a obra de Xosé Vizoso no marco do Día da Ilustración, que se dedicou este ano á súa obra” e sinalou “a itinerancia da mostra en Mondoñedo como un recoñecemento e homenaxe á orixe, que estivo moi presente na súa traxectoria creativa a través de elementos como os cabalos”
Ademais da obra, a exposición inclúe fotografías do arquivo familiar de Xosé Vizoso e códigos QR con ligazón a pezas audiovisuais con diversos testemuños de Xosé Vizoso.
Texto de Aser Álvarez González, comisario da exposición
“Cando unha galiña pon un ovo faillo saber a toda a aldea, mentres que
unha troita deixa milleiros de ovos no río sen que niguén se decate. Con
este sinxelo exemplo describía Xosé Neira Vilas o traballo artístico de
Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), un dos máis grandes artistas lugueses. No
bacharelato tivo de profesor ao escultor valenciano Juan Puchades, quen
estimulou nel a vocación polas artes plásticas. Con 18 anos comezou a
traballar en Sargadelos, no departamento de deseño, onde creou ducias de
pezas e deseñou e ilustrou centos libros. Pero Vizoso é tamén autor de
carteis e logotipos, así como escenógrafo, retratista, caricaturista,
pintor e muralista.
Aplicada á alta produción cultural, ao cartelismo, ao deseño gráfico e
industrial, á creación do obxecto único e belo e duradoiro para sempre,
a arte de Vizoso é múltiple e, sen nos decatar nós ás veces, o seu xenio
contrubuiu e contribúe de forma decisiva á formación da paisaxe visual
do noso tempo. Non só produce obras senlleiras ou modelos de obra
serializabel. Tamén, e ao mesmo tempo, dicta a sensibilidade e o estilo
colectivo da época co seu xenio artístico.
Coñecémonos con motivo dunha reportaxe televisiva que fixen sobre unhas
pezas que estaba a preparar para conmemorar o centenario do Quixote.
Fixémonos amigos e logo comezamos a argallar proxectos xuntos, coma o
mítico Mural do Furriolo, unha homenaxe ás vítimas da represión
franquista, “un berro de liberdade e diginidade”, como dixo Isaac Díaz
Pardo o día que o inauguramos nun acto memorable en Celanova (Ourense)
en 2006. Esta exposición é, xa que logo, un relato moi persoal e
fondamente marcado pola nosa relación de amizade. Velaquí unha pequena
mostra da súa obra como ilustrador, deseñador, escultor, cartelista,
muralista, pintor ou caricaturista, coa provincia de Lugo como fío
condutor.
Este proxecto nace cando descubro o Universo Vizoso na súa casa. Dende
ese día escoito falar as pezas, os bocetos e os cartaces das romerías e
festas populares, así coma os seus retratos tabernarios, murais e
ilustracións. Vizoso é moito máis que o seu traballo en Sargadelos. Por
iso quixemos axudamos a crear a súa propia web, un documental e esta
pequena exposición que é so un petisco dunha obra artística inmensa e
imprescindible na arte contemporánea galega. Unha viaxe iniciática polo
Universo Vizoso a través da provincia de Lugo. Un mundo ateigado de
tesouros que habitan o máxico universo deste artista total.”























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



