O Deputado de Promoción Económica e Social participou este venres na clausura do foro O encontro de Sober: diálogos rural-industria, que se celebrou no Palacio soberino polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA)
Lugo, 9 de maio de 2025. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves na clausura do foro económico O encontro de Sober: diálogos rural-industria, celebrado na áurea do Palacio soberino polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA). O foro pechou hoxe dúas xornadas de debate sobre a agroindustria, tecnoloxía, enerxías renovables e xestión de risco, fomentando o diálogo e a cooperación entre institucións, empresas e expertos.
Durante o acto de clausura, Pablo Rivera destacou que dende a Deputación comparten o enfoque deste foro, “porque apostamos por un rural con futuro, que poida competir, crecer e ofrecer oportunidades reais á súa xente”. Ademais referiuse á necesidade de que Galicia conte cun plan industrial sólido, “que mire ao conxunto do territorio e impulse as cabeceiras de comarca como polos tractores da economía, e que aposte pola creación de emprego de calidade”, aseverou.
“A industrialización do rural non é unha utopía. É unha posibilidade real, e tamén unha necesidade. Temos sectores potentes, recursos singulares e xente preparada. Só falta unha folla de ruta que conecte as capacidades do territorio cun modelo produtivo sostible”, aseverou.
Para rematar, o Deputado puxo en valor neste foro “as ideas que nacen no rural e teñen impacto global”. Engadiu que “o rural non é só memoria: é capacidade, iniciativa, presente e futuro”, e subliñou que nesta liña está o compromiso da Deputación.





















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



