O senador mariñán do PP advirte que “o Goberno de España asegura ter elaborado un plan para favorecer a inversión, facilitar liquidez e a actividade exportadora, pero non concreta nada para a factoría da Mariña”
A Mariña, 28 de maio de 2025. “O Goberno de Sánchez non se compromete a fortalecer nada á única fábrica de aluminio primario que queda en España na posible afectación dos aranceis de Trump”, segundo manifesta o senador mariñán, José Manuel Balseiro.
Os senadores do PP lucense dirixían formalmente unha pregunta ao Executivo de Sánchez para coñecer as actuacións previstas polo Goberno de España para protexer as exportacións deste tipo ante o anuncio do presidente dos Estados Unidos de impoñer aranceis do 25% ás importacións deste metal procedente da Unión Europea que puxo en alerta ao sector.
Balseiro advirte que “o Goberno de España asegura ter elaborado un plan para mitigar os impactos negativos favorecendo a inversión, facilitando liquidez e a actividade exportadora, pero non concreta nada para a factoría da Mariña”.
O popular lamenta que “o Goberno de Sánchez se limite a lamentar profundamente as medidas arancelarias. A pesar de recoñecer que terán un impacto negativo a ambos lados do Atlántico, Sánchez actúa como mero espectador ante unha situación que pode diminuír aínda máis a competitividade da factoría xa limitada pola falta de medidas do Goberno de Sánchez para, entre outros obxectivos, ofrecer un prezo enerxético estable e competitivo”, critica.
A planta de Alcoa é un dos motores económicos da provincia de Lugo e de Galicia e da emprego a máis de mil persoas de forma directa e indirecta. O aluminio é tamén un metal estratéxico para a nosa economía e chegou a considerarse a súa actividade como esencial durante a pandemia.
Ademais das aplicacións metalúrxicas propias do aproveitamento de alúmina e de aluminio, Alcoa tamén destina a súa produción a outro tipo de clientes para aplicacións tan variadas como a industria cerámica e química, incluída a purificación de augas ou aplicacións farmacéuticas.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



