Ribadeo, 30 de maio de 2025. O Salón dos Alcaldes acolleu a entrega dos premios do Ribadeo de Tapeo 2025. O do público foi para o Kalpa Amodiño.
O xurado profesional formado por profesores das escolas de hostalería de Foz e de Tapia decidiu que as mellores tapas foron:
1º premio – Restaurante El Oviedo (Lura en salsa)
2º premio – Kalpa Amodiño (Chaat-Eo de millo)
3º premio – Ramonita (salmón marinado á laranxa con pementos e tapioca)
As cociñeiras e responsables destes locais foron as encargadas de recoller os seus premios.
Kalpa Amodiño recibiu o premio á tapa doce polo seu Re-Poso de café e o premio do público pola tapa Chaat-Eo de millo.
Tamén foron entregados os seguintes premios ás persoas que votaron no Ribadeo de Tapeo 2025 a través do cartón ou da APP:
-O larpeiro de ouro foi para Alfredo Palomo, que gañou un vale de comida/cea para dúas persoas, por cortesía do Parador de Ribadeo + un estoxo de vermú Arnao, composto por dúas botellas máis dous vasos, por cortesía de Discosta Norte, Bodegas San Damián + 2 botellas de licor, por cortesía de cafetería Barallocas.
-E os premios picariño lambón foron para Erea Álvarez Rodríguez e Aldara Iravedra Carballés, que recibiron un lote de libros cada unha.
Tamén se repartiron premios por zonas: vales para almorzos (en Cayo Coco e Mareta, comidas en O Indiano, O Furancho no Camiño, Mesón D’Cata e Ramonita) e estoxos de vermú e de viño por cortesía de Discosta Norte e Porta Norte Alimentación.
Entre as persoas que votaron a través da APP sorteáronse 5 vales de 50 euros cada un para gastar nos establecementos gañadores. Os afortunados recibiron un aviso a través da app que deberán mostrar no momento de canxear o seu premio.
Na entrega de premios participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, que agradeceron a participación dos 21 locais que este ano se deron cita do Ribadeo de Tapeo así como o apoio da clientela que acudiu a saborear as propostas da hostalería ribadense.