
Rúa Xoan Montes. Ano 2017. Tala de árbores
Foz, 9 de maio, 2025. “Vaia pataleta colleu o sr. Castiñeira por un testo. O único que se desnortou en temas urbanísticos foi el. So hai que ver como deixou un pobo cheo de “zanjas”, no que nas únicas dúas rúas que investiu so conseguiu que cun firme de espesor 7,5 cm acabaramos cunha rúa destrozada e chea de fochancas en menos de 5 anos despois da súa recepción” explica a voceira socialista, Inés López Couto.
“Non ten vergoña nin para ver que o único que fai este goberno e traballar no que el non o fixo. Primeiro deixou aos veciños de Cordido sen a posibilidade de construír e pagando coma se puidesen facelo. O lugar do auditorio no PXOM marcouno no campo de fútbol Martínez Otero, non sabemos con que feliz idea. A avenida da Mariña deixouna sen cambiar as tuberías e por riba meteulle un tercio do espesor marcado no proxecto, co que rompeu todo. E sí, falemos da súa xestión da flora. A mellor obra que os veciños puideron ver foi na rúa Xoán Montes, donde se cortaron polo pé todos os árbores, que tivo que replantar este equipo de goberno. E so teñen que ver Álvaro Cunqueiro, no que as macetas enanas non serven para que as árbores poidan vivir. Mellor non seguimos enumerando, porque a lista é ben longa”.
“Esta pataleta so pode ser polo seu afán de protagonismo xa que queixarse por poñer máis estacionamentos na rúa Illa Nova, non se lle ocorre nin ao que asou a manteca. Calquera día tamén se queixará porque o sol brille ou os paxaros canten”. explica a voceira.
“Certamente non comprendemos este comportamento continuamente negativo. Xa estamos vendo que non lle gusta que se fagan melloras e sobre todo non lle gusta que lle lembremos que o pouco que fixo acabara en enormes fochancas. Pero a verdade é que ao voceiro do partido popular ou lle mandan as notas escritas da capital ou perdeu a vergoña nunha das súas fochancas da Avenida da Mariña. Deshumanizador? Sí, esquecer o verde e cambialo por formigón éo. E sobre todo é descorazonador, ver que alguén que foi alcalde teña este nivel de argumentación de pataleta, de “está quitando o que fixen eu”. Se se pon así por mover un testo, se poñemos tres novos sairá decíndonos que se enfada e non respira”.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



