Un Burela con erros pero que xenerou moitísimas ocasións ante un contundente Tudela que se veu arriba ao marcar distancias co segundo gol
Burela, 3 de maio, 2025. O conxunto masculino do CD Burela FS disputou o antepenúltimo encontro da tempada no Municipal Ciudad de Tudela ás 20.00h desta tarde. Duelo importantísimo para dous equipos que loitan pola permanencia e que ser resolve coa salvación dos locais.
Ritmo frenético neste inicio de partido, unha do Burela e tres do Navarra nos primeiros tres minutos, a última un disparo de Terry que salva Michal Kaluza sacándoa coas mans por encima do traveseiro. No minuto 10 Charly tena pero váiselle desviado e comezan a presionar con forza os locais con varias intervencións de Michal nos próximos minutos, no 11 salva un disparo de Malaguti, no 12 outro de Gaby e no 13 volve frustrar outro intento de Malaguti tras un contraataque. Chega o primeiro gol do Ribeira Navarra un minuto despois cun disparo de Ribeira con asistencia de David, que supera a Kaluza tras recibir un balón en longo. Volve salvar o noso Muro Polaco sacando coa man un durísimo trallazo de Terry e outra vez no 17 sácalla a Eric Pérez nun cara a cara tras outro pase en longo. Ocasión clarísima de Alberto que recibe de Isma e tenta picala por encima do porteiro desde a área, estando este no chan, pero detena Raúl Jiménez frustrando o primeiro tanto dos laranxas que volven tentalo en dúas ocasións máis, continuas, nas que non conseguen anotar, primeiro Pitero e posteriormente Alberto novamente, ambos se atopan con Raúl Jiménez.
Abre a segunda parte con 2-0 no primeiro minuto, mala saída de balón por parte de Michal que lla deixa a Terry no pé e este cédella a Albertico que anota desde a área. Boísima intervención de Raúl sacando coa man un potente disparo frontal de Rikelme tras unha transición. 3-0 no minuto 27 cun gol en propia porta de Charly que tenta sacala da portería pero métea. No 28 o técnico santiagués aposta polo xogo de 5 e saca a Araya de porteiro-xogador cunha primeira ocasión do capitán chileno na primeira xogada que despexa o porteiro e pau de Charly segundos despois no terceiro intento dos burelenses. Mete o cuarto Malaguti tras un saque de banda rápido de Sepe, o pivote benaventino vaise da defensa mariñá e métea desde a frontal da área. Disparo potentísimo de Charly que saca Raúl por encima do traveseiro no 32 e outro de Isma segundos despois que se vai lonxe da portería. Continúao tentando un loitador Burela pretendendo remontar un partido ao que quedan moi poucos minutos, pero o equipo que nunca se rende continúa presionando. Aínda que chega o quinto a portería baleira, un gol de Terry tras unha recuperación en xogo de 5 e o sexto, de novo de Albertico, no 33 nun rexeite tras unha boa transición e fronte a un Burela esgotado. Saca Michal por encima da portería no 34 un disparo de João. Paradón incrible de Raúl Jiménez ante un tiro de Araya que remata desde a liña de penalti. Minuto 35 Michal anota un gol fantasma e no 36 sexta falta do Tudela que lanza Juninho e desvíaa Raúl ao pau. Chega o 7-0 para os navarros cunha xogada de estratexia nun saque de esquina que mete Terry. Salva Michal no mesmo minuto un remate de João Batista.
Remata un demoledor encontro cun resultado que non fai xustiza ao xogo burelense. A fin de semana que vén, o Burela xógase a permanencia na casa ante un xigante, o Pozo Murcia Costa Cálida, nunha xornada que promete moita emoción e moita afección laranxa, nun encontro importantísimo en Vista Alegre ás 19.30h no que sabemos que os nosos Pícaros o darán todo pola permanencia do club en primeira división.
Ficha Técnica ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra 7-0 Burela FS
ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra (7): Raúl; Tripodi, Sepe, Albertico, Terry -quinteto inicial-, David, João Batista, Malaguti, Gaby, Éric Pérez.
Burela FS (0): Kaluza; Araya, Isma, Alberto, Rikelme -quinteto inicial-, Pitero, Charly, Quelle, Marc Campàs, Juninho.
Goles: 1-0, min. 14: Ribera. 2-0, min. 21: Albertico. 3-0, min. 27: Charly (PP). 4-0, min. 31: Malaguti. 5-0, min. 32: Terry. 6-0, min. 33: Albertico. 7-0, min. 37: Terry.
Árbitros: Pablo Delgado Sastre, Alejandro Martínez Flores, Kepa Díez España, César Cereceda Lasanta.
TA: Por parte del Ribera Navarra, Terry, Albertito, Gaby y Malaguti. Por parte del Burela, R. Ribeira, David Rial, Araya, Isma.
TR: Sepe (Doble Amarilla)