Alfoz/Valadouro, 23 de maio, 2025. Os Concellos de O Valadouro e Alfoz veñen de homenaxear os “Benxamíns A” do clube local A. D. Río Ouro por acadar o posto de campións provinciais.
A alcaldesa e alcalde dos respectivos concellos salientan o gran traballo e esforzo dos nenos e todos os valores que adquiren coa práctica deportiva. Tamén alaban a gran labor do adestrador, que se encarga de ser paciente e transmitirlles os seus coñecementos e valores deportivos entre os cales destaca principalmente o respecto. Destacan tamén o esforzo dos pais para que as nenas e nenos poidan adestrar.
Cada vez máis nenas e nenos forman parte deste gran equipo A.D. Río Ouro que une concellos e veciños, vendo bos resultados co esforzo e traballo de directivos, nais e pais e nenas e nenos. Apostar polo deporte é apostar por un crecemento persoal fomentando un dos valores máis importantes como é o valor da unión.