Ribadeo, 14 de maio de 2025. Ribadeo solicita en Portos de Galicia melloras nos portos de Mirasol e Rinlo. Así llo expuxo o alcalde, Dani Vega, ao presidente do ente, José Antonio Álvarez, na xuntanza mantidas nas últimas horas.
O rexedor contou que “mantivemos unha reunión de traballo en Portos de Galicia co presidente e co xefe da sección de infraestruturas portuarias. Que reclamamos nesta reunión? Melloras nas zonas portuarias, concretamente no porto de Mirasol, o que ven sendo mellorar todo o pavimento da zona máis comercial, máis restrinxida ao tráfico, pero fundamental para o acceso de camións. Tamén vamos arranxar puntos na zona de entrada e a mellora da iluminación, evidentemente, entendendo que hai que camiñar cara a eficiencia enerxética. Polo tanto, reclamacións para a zona portuaria de Mirasol”.
Vega explicou que “tamén reclamamos melloras na zona de Rinlo. Nestes momentos, nosoutros por parte do Concello aglomeramos toda a zona portuaria, pero o que reclamamos a Portos de Galicia ven sendo o arranxo do adoquín. Dado que vamos retirar estes contedores que son soterrados, que están causando grandes problemas ao Concello, grandes gastos, porque teñen continuas avarías, e polo tanto en base ao informe do técnico municipal, recoméndese a súa retirada e vamos poñer unha zona mellor adecuada para os contedores e aquí o que vamos é rematar todo con adoquín e tamén mellorar toda a beirarrúa, que está completamente destrozada, e conservar a varanda que está na zona portuaria”.
O alcalde ribadense indicou: “son dúas reclamacións que nós tiñamos pensado xa hai tempo facer, pero evidentemente empezamos pola rúa Buenos Aires, isto xa se vai facer, e agora xa reclamamos melloras nas zonas portuarias que son fundamentais tamén e necesarias, por exemplo no porto de Mirasol para o tráfico de camións, e na zona de Rinlo, evidentemente entendendo que é unha vila tremendamente turística, tremendamente mariñeira, debemos seguir investindo, mellorando e así conservando. Polo tanto, seguimos xestionando orzamento para que Ribadeo siga avanzando”.
Á reunión con Portos de Galicia participou tamén a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



