Burela, 8 de maio 2025. Unha representación do BNG asistíu este xoves á XXXII Xornadas Técnicas de Pesca e a XX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira de EXPOMAR en Burela. O deputado no Parlamento Daniel Castro, o deputado responsable da Área de Mar da Deputación de Lugo Daniel García Fernández, xunto co responsable comarcal Antonio Veiga, o tenente alcalde de Burela e Vicepresidente da Fundación Expomar Mario Pillado e a concelleira Sandra Fernández Cillero participaron nos diferentes eventos programados para esta xornada nas instalacións portuarias.
Os deputados Castro e García destacaron a importancia destas xornadas e desta feira para o sector e para a Mariña e Burela, que nesta semana convírtese na capital da pesca. Felicitaron á dirección de Expomar polo medre contínuo desta feira así como pola calidade destas xornadas e o alto nivel dxs ponentes das mesmas, que poñen enriba da mesa moitos dos múltiples retos e demandas do sector pesqueiro galego e mariñao.
O BNG co sector pesqueiro mariñao
Neste sentido Daniel Castro mostrou unha vez máis o apoio do BNG á pesca mariñá, con especial atención tanto ás prioridades do sector pesqueiro neste novo mandato da U.E coma nos retos de futuro que a pesca galega tén a nivel estatal ou galego. “A pesca é motor económico e social en Burela e na Mariña e nós estivemos e estaremos sempre a carón do sector nas súas múltiples reivindicacións, moitas delas compartidas xa e moitas levadas ao Parlamento galego e todas aquelas institucións donde está presente o BNG” manifestou.
Galiza tén que poder negociar directamente naquelas cuestións de especial relevancia en materia pesqueira
Así, desde o BNG recordan tamén que as distintas problemáticas do mar en Galiza proveñen da falta de ferramentas propias para regular a actividade maritímo-pesqueira. O recoñecemento de Galiza como zona altamente dependente da pesca e o recoñecemento da nosa capacidade directa de negociación e a súa participación en temas de especial relevancia como son a reforma da PPC e a negociación de cotas é outra das reivindicacións do sector pesqueiro que os nacionalistas levaron aos parlamentos, galego, español e europeo, ao igual que a demanda da trasferencia e xestión directa dos fondos FEMPA ou a declaración de Galiza como país libre de eólica mariña, tal como se recolleu no Manifesto de Burela e se expuxo nas correspondentes mobilizacións nas que o BNG participou xunto co sector.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



