A mañá do domingo 18 Guía tu día organiza a ruta da Seimeira no concello da Pontenova. “Unha interesante andaina de 9km circular e de dificultade media ubicada na parroquia de Bogo, onde descubriranse as pintorescas aldeas de Vilarxurbín e Sanxés, varios miradores e a seimeira. Ademais das Fragas de Teixido e Sanxés que son espectaculares” comenta a guía. A xornada rematará cunha comida no restaurante O Lar de Balbina. O prezo da ruta guiada é de 10€ e 20€ a comida. O grupo está limitado a 20 persoas. Máis información e reservas no 654 99 68 57 ou guiatudia@gmail.com.
