Ribadeo, 13 de maio, 2025. A Confederación Hidrográfica do Cantábrico iniciou os traballos de mantemento, conservación e mellora do río Grande nas inmediacións de Cedofeita, dentro do municipio de Ribadeo.
Estas actuacións contan cun orzamento inicial de 26 000 € e execútanse ao longo de 1500 m de leito, co obxectivo de retirar árbores caídas e restos vexetais, co fin de evitar a formación de tapóns e manter a capacidade de desaugadoiro do leito.
Estes traballos realízanse a través da empresa pública Tragsa dentro do Programa de mantemento e conservación de leitos que desenvolve a Confederación Hidrográfica do Cantábrico fóra das zonas urbanas, xa que nas zonas urbanas os labores de conservación e mantemento de leitos son competencia dos concellos. Durante o ano 2024 investíronse en Lugo 371 438,36 € repartidos en 34 actuacións en 13 municipios.
Actuacións de conservación e mantemento de leitos
As mal chamadas “limpezas de leitos” son actuacións de conservación e mantemento de leitos destinadas a mellorar as condicións ambientais dos nosos ríos e facilitar o discorrer das augas en pequenas avenidas.
En relación coa prevención de inundacións, fenómenos naturais que non podemos evitar, os labores de mantemento e protección de leitos só son adecuadas e eficaces en casos puntuais (en obstrucións provocadas por árbores caídas na contorna de infraestruturas ou tramos de capacidade hidráulica reducida).
A Lei de Augas atribúe ás Confederacións Hidrográficas competencias que son concorrentes no espazo fluvial con competencias atribuídas ás Comunidades Autónomas e Concellos.
As actuacións en leitos públicos situados en espazos materialmente urbanos corresponden ás Administracións competentes en materia de ordenación do territorio e urbanismo, tal como establece a Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional, artigo 28.4, e, fóra desas zonas, os labores de conservación, protección e mellora dos leitos, ademais de por as Confederacións Hidrográficas, poden ser realizadas por outras administracións ou por particulares, previa autorización.
É importante sinalar tamén que a competencia en relación coa retirada de residuos é municipal, tal como recóllese no artigo 26 a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



