Reclama que impidan a utilización de bases militares en territorio europeo para continuar uns ataques que están “fóra do dereito internacional”
Santiago de Compostela, 22 de xuño, ¡ 2025. A portavoz nacional, Ana Pontón, reclamou desde Castro de Rei tanto ao Goberno estatal como á Unión Europea que non secunden a escalada belicista iniciada por Israel e EEUU cos seus ataques “ilegais” a Irán e impidan a utilización das bases militares en territorio europeo.
A líder nacionalista mostrou a preocupación do BNG ante esta escalada que se está producindo neste momento no contexto internacional e que está impulsada fundamentalmente polo primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, e o presidente estadounidense, Donald Trump.
“Denunciamos ese ataque ilegal fóra do dereito internacional que acaban de cometer o Estado de Israel e neste momento tamén Estados Unidos, que supón non só un acto ilegal, senón tamén irresponsable, porque isto escala un conflito nun momento non que se poden repetir erros do pasado e que pode elevar a humanidade a unha situación moi perigosa”, advertiu.
Neste contexto tan preocupante, a líder nacionalista fixo un chamamento tanto ao goberno do Estado como ás institucións europeas para que “non secunden esta escalada belicista” e para que “se impida que se utilicen bases militares en territorio europeo para continuar estes ataques”.
A portavoz do BNG incidiu en que a resolución deste conflito debe volver “á senda do que nunca debeu saír” e que, recalcou, é a da “negociación, a diplomacia e o traballo pola paz”.
“Tanto o señor Trump como o señor Netanyahu son dous criminais de guerra aos que hai que pararlle os pés neste momento porque o que non queremos baixo ningunha circunstancia é que volvamos a ver outro Irak ou outro Afganistán”, alertou.
“Desde o BNG dicimos non no noso nome”, concluíu en declaracións aos medios, antes de intervir nun acto coa militancia no marco da axenda previa á celebración do Día da Patria e no que tamén participaron a portavoz municipal en Castro de Rei, Olga García, e o responsable comarcal de Galiza Nova, Adrián Rodríguez.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



