Barreiros, 18 de xuño de 2025. A aula CeMIT de Barreiros acolle esta semana dúas probas oficiais para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (COMDIX), convocadas pola Xunta de Galicia mediante resolución publicada no DOG do 6 de maio de 2025.
Este mércores, 18 de xuño, celebrouse o exame correspondente ao nivel de iniciación, mentres que o venres 20 terá lugar a proba do nivel intermedio, centrada na avaliación de competencias máis avanzadas e prácticas no uso das tecnoloxías da información e da comunicación.
Desde o Concello de Barreiros salientan a importancia de contar cunha aula que permite á veciñanza acceder a certificacións oficiais sen necesidade de desprazamentos, “desde a aula CeMIT de Barreiros seguimos achegando diferentes opcións e facilitando recursos para que a cidadanía poida mellorar as súas competencias persoais e profesionais sen saír do concello. Tamén se traballa na formación para as persoas que se achegan por primeira vez as novas tecnoloxías así como coas crianzas, para as cales se conta con tecnoloxías disruptivas que fomentan o aprendizaxe de maneira divertida e creativa”.
A certificación COMDIX é a certificación galega en competencias dixitais, dirixida a persoas de máis de 16 años e que certifica o nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social e profesional. Esta certificación ten como referencia o Marco galego de competencias dixitais, que está aliñado co Marco Europeo DigComp, garantindo así unha acreditación válida e recoñecida.
A aula CeMIT de Barreiros, situada no Teleclub de San Cosme, acolle tamén o programa de Aula Mentor, un programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para a formación aberta, flexible e a distancia a través de internet, dirixido a persoas adultas e que conta cunha oferta formativa de máis de 200 cursos.
Esta aula está catalogada como aula de referencia dentro da Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica). Un recoñecemento que avala o seu nivel de actividade na promoción da alfabetización dixital e na inclusión tecnolóxica.
Para máis información, as persoas interesadas, poden achegarse a propia aula os martes e xoves en horario de 9:30 a 14:30 horas, ou consultar a través dos medios habituais do Concello.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



