Ofértanse 8 actividades diferentes que darán comezo o 1 de xullo e estenderanse ata o 29 de agosto
Cariño, 13 de xuño, 2025. O Concello de Cariño abre o prazo de inscrición para apuntarse nas actividades de verán das escolas deportivas e obradoiros culturais. As persoas interesadas poderán anotarse ata o vindeiro mércores, 18 de xuño, ás 14:00 horas.
Este ano ofértanse 8 actividades diferentes, dirixidas a distintos grupos de idade e con variedade de horarios. As actividades desenvolveranse entre o 1 de xullo e o 29 de agosto. Entre as propostas inclúense andainas, balonmán, patín, fútbol sala, baloncesto, cociña creativa, manualidades, xogos ao aire libre e xincanas.
As escolas deportivas celebraranse no IES Cabo Ortegal, mentres que o antigo edificio do Concello será o lugar no que se desenvolverán os obradoiros culturais. A única actividade que terá unha localización diferente será a yincana, que se realizará nas inmediacións do Auditorio Municipal. O prezo de inscrición é de 8 euros por escola deportiva e de 6 euros por obradoiro cultural.
As inscricións realízanse a través dun formulario web dispoñible na páxina web do Concello de Cariño e nas súas redes sociais. Ademais, xa se atopan publicados os horarios provisionais e os grupos de idade para cada actividade, aínda que estes poden experimentar cambios. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Servizo de Deportes da Casa do Concello ou chamar ao 981 405 064.
A alcaldesa de Cariño, Ana María López, destaca o compromiso do goberno local para “ofrecer actividades que fomenten el deporte y la creatividad, apostando por una propuesta variada como alternativa saludable durante los meses de verano”.Na mesma liña, a rexedora asegura que “seguiremos trabajando para impulsar iniciativas que acerquen la cultura y el deporte a todos los cariñeses y cariñesas”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



