Ao redor das 16:00 horas deste sábado, a Garda Civil informou ao 112 Galicia da presenza de dúas persoas atrapadas nunhas rochas, ás que a subida da marea impedía regresar a terra. Pouco despois, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puideron contactar tamén cos implicados, que indicaron que se atopaban fronte a Pena Furada e confirmaron non podían volver polos seus propios medios. Desde o 112 Galicia alertouse a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou a auxiliar Mar de Galicia, e ao GES de Ortigueira. A embarcación recolleu en bo estado a ambas persoas, que foron trasladadas ao porto de Cariño.
