As mariñás foron inferiores no segundo tempo e perderon o segundo punto da eliminatoria. O terceiro e definitivo xogarase o sábado en Burela (11 horas, TDP)
Burela, 3 de xuño, 2025. O Burela FS terá que recorrer ao terceiro partido para tentar coarse na final do play off polo título da liga Iberdrola, logo de caer onte en Navalcarnero, no segundo choque da semifinal, ante o Futsi Atlético: 4-1. O encontro foi moi nivelado no primeiro tempo, pero as madrileñas conseguiron irse ao descanso cunha vantaxe mínima tras un gol no minuto 17 e no segundo tempo foron superiores e conseguiron levar o segundo punto da eliminatoria, que agora está igualada. Emilly non puido disputar a segunda parte ao levar un balonazo na cabeza no tramo final do primeiro período. O terceiro encontro xogarase o vindeiro sábado en Vista Alegre (11 horas) e de novo coas cámaras de Teledeporte como testemuñas.
O encontro comezou sen oportunidades para ningún dos dous equipos ata case o ecuador da primeira metade. Emilly, cunha acción individual na que se marchaba de Leti cunha ruleta e despois descerrajaba un potente disparo que sacaba Balbuena coa súa man esquerda, dispoñía da primeira no minuto 8 e repetía un minuto máis tarde cun lanzamento desde uns 12 metros que se ía lixeiramente desviado. Respondía despois Leti cun tiro desde máis ou menos a mesma distancia que despexaba Caridad. Carolina Pedreira puido adiantar ás burelenses no minuto 12 tras unha falta botada por Antía Pérez, pero cruzaba demasiado ante Balbuena.
A 7 minutos e 40 segundos do descanso, o Burela FS realizaba a súa quinta falta e isto condicionaría o tramo final do primeiro período, xa que as atléticas podían elaborar o seu xogo de ataque máis cómodas e empezaban a inquietar con máis continuidade o marco defendido por Caridad. Irene Córdoba remataría moi frouxo ante a de Sanlúcar despois de recibir no pivote e virarse, mentres que no 16 era Emilly a que rozaba o gol nun lanzamento de falta directo que case bicaba a cruceta da meta de Balbuena.
Acto seguido chegaba o primeiro tanto de Futsi, nun balón que non conseguía alcanzar Patricia e servíalles ás locais para dispoñer dunha superioridade na contra, que finalizaba cun remate a gol de Patri no corazón da área logo dun rexeite de Caridad a un disparo de Marian desde a esquerda. Tras o gol, Leti tería o segundo cun remate soa desde dentro da área, aínda que nunha posición un tanto escorada, pero aparecía a porteira laranxa para evitar o tanto.
Antes da arrancada final das navalcarnereñas puido chegar o empate por mediación de Emilly, pero o seu disparo ao primeiro pau tras irse polo á esquerda de Anita Luján atopábase cunha boa man de Balbuena. Laura Córdoba, cun remate desde uns sete metros e unha volea á saída dun córner, estivo preto do segundo, do mesmo xeito que Anita Luján, ante a que tiña que facer unha boa parada Caridad abaixo.
Ausencia de Emilly
No segundo tempo xogaron máis a pracer as atléticas diante dun Burela FS que notou moito a ausencia da súa principal estrela. As de Julio Delgado non foron capaces de elaborar demasiadas ocasións sobre o marco de Balbuena e sufriron para deter as acometidas locais. Con todo, as dúas primeiras foron para as mariñás, cun disparo de Cami desde a distancia no que tivo que voar Balbuena para despexalo e un tiro de Patricia desde a frontal que se foi por moi pouco.
Foi un espellismo porque rápido empezou o conxunto branquivermello a incomodar a Caridad. No 27 case marcaba Leninha a pracer no segundo pau tras unha boa asistencia de Ari nunha gran acción colectiva das madrileñas. A resposta de Julio Delgado, que non vía cómodo ao seu equipo, non se fixo esperar e a 11 minutos e medio do final sacaba a Cilene coa camiseta de porteira para xogar de cinco. A primeira opción das visitantes sería nun balón de Carolina Pedreira ao segundo pau ao que non chegaba por moi pouco Patricia. E despois era Antía Pérez a que tiña que intervir para sacar baixo paus un tiro de Ari desde o medio do campo aproveitando que non había porteira no marco burelés.
A sete minutos do final chegaba o terceiro das madrileñas cun gol de Ari desde uns 35 metros tras unha perda das Pícaras. A brasileira tería o cuarto pouco despois, pero remataba fóra por pouco tras plantarse soa ante Caridad. Dous remates seguidos de Cami e Cris Lourés, o primeiro frouxo e o segundo moi alto, era o escaso rédito do Burela neste tramo de partido, ata que Carolina Pedreira facía o primeiro para as mariñás nun disparo mordido que non podía deter Balbuena.
O 3-1, con máis de tres minutos por xogarse, insufláballe esperanzas ás de Julio Delgado, pero perderíanas a pouco máis dun minuto do final cando Ari poñía un balón en longo e Laura Córdoba adiantábase a Caridad para tocar coa cabeza e facer o 4-1 que xa sería definitivo.
Ficha Técnica Futsi Atlético Navalcarnero 4-1 Burela FS
Futsi Atlético Navalcarnero (4): Balbuena; Laura Córdoba, Leti, Anita Luján, Irene Córdoba -quinteto inicial-, Marian, Patri, Ari e Leninha.
Burela FS (1): Caridad; Cami, Emilly, Dinha, Dany -quinteto inicial-, Antía Pérez, Patricia, Noelia Montoro, Carolina Pedreira, Cilene e Cris Lourés.
Goles: 1-0, min. 17: Patri. 2-0, min. 27: Leninha. 3-0, min. 33: Ari. 3-1, min. 36: Carolina Pedreira. 4-1, min. 39: Laura Córdoba.
Árbitros: Marcos Cazorla e Noelia Gutiérrez (Colexio de Castilla-La Mancha). Amoestaron ás locais Anita Luján, Leninha e Leti, así como á visitante Antía Pérez.
Incidencias: Segundo encontro da semifinal do play off polo título da Liga Iberdrola FS disputado no pavillón de La Estación de Navalcarnero diante dunha boa asistencia de público e con presenza de afeccionados laranxas nas bancadas.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


