Lara Méndez criticou que os recursos están “infrautilizados ou directamente mal utilizados” e sinalou problemas como que 7.000 persoas perderan a acreditación para o uso de produtos fitosanitarios debido á mala xestión do Goberno do PP
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025. A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Lara Méndez, reclamoulle hoxe á Xunta “rigorosidade” na planificación dos seis centros de formación agraria que existen en Galicia. Durante o debate en comisión dunha proposición non de lei, defendeu que esas instalacións “teñen un gran potencial” e deben aproveitarse para “atender ás necesidades do territorio” no que se atopan. Por iso, criticou que estean “infrautilizados ou directamente mal utilizados”. E como exemplo disto último puxo o uso “fraudulento” do centro situado en Ribadeo o pasado setembro para aloxar músicos falseando unha autorización. “Necesitamos centros para gandeiros, non para gaiteiros”.
A deputada do PSdeG defendeu unha iniciativa a través da que se lle esixe ao Goberno galego a elaboración dun informe que inclúa o orzamento e o programa formativo dos centros, así coma os obxectivos de futuro e os tipos de uso que se lles pretende dar para potencialos. Entre outros aspectos, demandou que ese documento recolla datos coma o número de prazas e a oferta de cursos, ademais dunha avaliación das necesidades dos territorios nos que se sitúan, co fin de adaptar dita oferta á demanda.
Lara Méndez sinalou neste punto que xorden “moitas dúbidas” respecto de se se está a cubrir dita demanda. “Por que a xente fai cursos noutras comunidades?”, preguntouse ante o desprazamento dun gran número de persoas a fóra de Galicia para realizar formacións que deberían poder facerse en puntos próximos aos seus lugares de residencia. Ao fío diso apuntou o problema que está a provocar para arredor de 7.000 persoas a obtención en Castela e León da acreditación para o uso de produtos fitosanitarios, homologada pola Xunta sen verificación previa e agora anulada pola Xustiza. “Que ten previsto facer o Goberno do PP para darlles unha solución? Queremos que aproveite estes centros para paliar esta situación”, dixo a parlamentaria socialista ante o “silencio” da propia conselleira sobre o que considerou unha “mostra palpable da desidia da Xunta”.
Méndez defendeu que os centros de Guísamo, Becerreá, Sergude, Ribadeo, Monforte e Lourizán deben ser “instrumentos que dinamicen o noso rural”, como referencia para aproveitar os recursos de cada unha das zonas nas que se sitúan e reverter nelas o coñecemento que xeran.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



