Ribadeo, 14 de xuño de 2025. Os deputados do PP lucense Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades levan ao Congreso a cobertura de vacantes da patrulla do SEPRONA de Ribadeo. A través dunha Proposición Non de Lei (PNL), instan tamén ao Goberno de Sánchez a renunciar ao traslado da patrulla de Ribadeo e a dotar de medios os servizos existentes na Mariña, tanto o de Ribadeo coma o de Xove.
Os representantes do PP lucense no Congreso presentaron a iniciativa en Ribadeo xunto aos concelleiros do Partido Popular encabezados polo alcalde, Dani Vega, que subliñou a importancia de garantir a seguridade tanto na vila coma no interior para que “Ribadeo continúe a ser un lugar seguro”. Nese sentido, deu traslado das necesidades dos efectivos da Garda Civil que prestan servizo tanto en Ribadeo coma en municipios da zona.
Concretamente, a unidade do SEPRONA de Ribadeo desenvolve tarefas de vixilancia e protección da natureza en oito concellos da Mariña oriental -Ribadeo, Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Trabada, Riotorto e A Pontenova-. Unha zona de costa e interior con máis de 31.000 habitantes que se incrementan notablemente en época estival, cunha ampla extensión de zonas protexidas, cinco portos -pesqueiros, deportivos e de mercancías-, numerosas praias -incluso unha delas declarada Patrimonio Natural, a Praia das Catedrais- e unha forte actividade agrícola, gandeira, forestal e de caza. “É por iso polo que a vixilancia e protección da natureza cobran especial relevancia na zona”, sosteñen os populares.
A unidade do SEPRONA en Ribadeo contaba dende os seus inicios con tres gardas civís e un cabo, pero na actualidade só dispón dun garda civil e un cabo 1º. Tendo en conta que a propia Comandancia de Lugo solicitou a cobertura das dúas prazas vacantes de garda civil nesta unidade de forma prioritaria, “sumámonos a esta reivindicación e levaremos a petición ao Congreso”.
Os populares cren que “é un servizo insubstituíble” e poñen en dúbida que “desprazando a unidade uns 50km poida cumprir co seu labor coa mesma efectividade”.
Jaime De Olano lembrou “o desprezo e o maltrato da Garda Civil por parte do Goberno de Pedro Sánchez, especialmente preocupado polos informes da UCO sobre persoas próximas ao presidente”. Así mesmo, pídelle ao Executivo que preside Sánchez que “non siga maltratando a Lugo, nin á Mariña lucense”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



