Parafraseando a segunda parte dunha célebre poesía de Bécquer, podemos preguntarnos: ‘Que é democracia? E ti mo preguntas? Democracia es ti’.
A resposta anterior, que leva aparellada unha carga de dereito, tamén leva unha carga de deber, coa súa responsabilidade. E é ambigua no sentido de que o uso que se faga dela pode ser ‘para ben’ ou ‘para mal’, entendidas ambas opcións nun sentido amplo. Collamos así por unha banda o actual presidente norteamericano ou outro semellante, e por outra un defensor dos servizos públicos que pode ser o teu veciño. O primeiro arrógase algo parello ó que pretendía o rei Sol francés: ‘o estado son eu’. E tenta facer e desfacer ó seu antollo saltando por riba do que e de quen sexa, mesmo por riba da lei, como un vulgar facineroso con moito poder ou un vulgar rei aproveitado, destruíndo (ou tentando facelo) a quen se lle opón. A idea é sinxela: el é a democracia e non hai máis democracia que a súa. Polo tanto, el define o que é corrupción ou o que implica a defensa dos intereses dos EUA a máis de cales son, e pode cambiar de criterio segundo os seus propios intereses, como un propietario e director plenipotenciario dunha empresa privada nun entorno anarcoliberal. O segundo, ese veciño teu que loita polos dereitos de todos, tamén está encarnando nel a democracia. Pero neste caso, el non é o estado, senón o defensor do común. Non atopa unha frase tan impactante e rimbombante como a de ‘o estado son eu’, por máis que se achegue a aquel ‘unídevos, parias da terra’ da Internacional. Tampouco anda na súa procura. Nin se lle pasa pola cabeza facer e desfacer el só ó seu antollo destruíndo a quen se lle opoña. Non quere, non vai con el, pero tampouco podería, ou ó menos, resultaríalle abondo máis complicado que a Trump. A súa idea tamén é sinxela, atada ó universal ‘todos somos iguais baixo a lei’, unha lei que trate a todos igual e á que é o primeiro en someterse se o cumpre. Non está só, son lexión. Quizáis podamos dicir, ti máis eu, ‘somos’ lexión.
Tentei comparar no parágrafo anterior dous personaxes que pouco máis teñen en común que pertencer á raza humana e respirar no mesmo planeta. Teño claro que un é un ególatra detestable a quen lle importas ti o mesmo que o planeta enteiro, pois non existes mentres non te entrometas no seu camiño e non poda usarte e manipularte. O outro, podemos chamalo idealista, sabe que non está só e teno integrado nos seus xenes, polo que te considera aínda que non te coñeza e mesmo aínda que moitas veces saiba, co fastidio e contradicións internas correspondentes, que terá que enfrontarse a ti para ter o mellor para todos.
As imaxes que se pretenden nunca reflicten exactamente a realidade, e deixan fóra unha ampla gama intermedia. Pero dan iso, unha imaxe, que podemos manexar mentalmente para facernos cargo da situación. Para facérmonos nós, e non deixar ‘a situación’ en mans doutros, como se foramos seres privados do noso eu, viviramos nos ‘mundos de yupi’ de propagandas e desinformacións diversas, ou como se puidéramos illarnos nunha burbulla na que, á nosa escala, mandar como o presidente norteamericano ou calquera dictadorciño á súa escala particular.



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



