Lugo, 26 de xullo. O deputado de Mocidade Daniel Garía achegouse o venres á apertura da terceira edición do Vendaval Fest, que se celebrou en Ribadeo coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.
A área de Mocidade colabora desde a primeira edición coa Asociación Catro Caños, contribuindo a consolidar esta cita musical na axenda do verán.
O deputado Daniel García sinalou que para a Vicepresidencia da Deputación é unha prioridade “dar apoio ás iniciativas que parten do tecido asociativo, porque entendemos que a fortaleza do asociacionismo é fundamental para o dinamismo cultural e social”.
Cuarta Xusta, Sandford Music Factory,Lendakaris Muertos, Rienda Suelta e Boikot actuaron na primeira xornada do festival que continou o sábado con Secta, The Mothercrow, The Grassland Sinners, Aphonnic, Reincidentes e Dkama la Rede. Para pechar o festival, a organización propuxo unha xornada lúdica no Cantón con foodtrucks, djs e unha zona de skate.