Viveiro, 30 de xullo, 2025. A XLV Mostra Folklórica Internacional de Viveiro 2025 celebrarase do 6 ao 10 de agosto con este programa:
Do 6 ao 10 de Agosto, “Exposición de Indumentaria Tradicional Galaico-Asturiana na súa traxectoria do Camiño de Santiago.” na sala de exposicións do Concello – Biblioteca Municipal.
Xoves 7: 20:30h Praza Maior. Mostra Folclórica Infantil, coa participación dos grupos:
“Xoaniña” de Saiñas de Xove
Grupo “Mistura” de San Cibrao
ACR “Os do 21” do Vicedo
Grupos Infantís de Bágoas dá Terra de Viveiro: “Pindusa, Ledaiña e Abrente”
Convidado Especial: Grupo “Elai alai dantza eta musika taldea” de Portugalete
Venres 8: 22:30h Praza Maior Concerto de Música Folk a cargo do Grupo Folk Bágoas dá Terra de Viveiro.
Sabado 9: 12:00h Desfile das Nacións, cos grupos participantes na Mostra polas rúas de Viveiro, ao finalizar: “Recepción Oficial coas Autoridades” na sala de actos do Conservatorio Prof. de Música de Viveiro, e continuación: “Actuación das escolas infantís de Pandereteiras de Bágoas dá Terra” nos xardíns Noriega Varela.
22:00h Praza Maior “Espectáculo Especial Polonia” a cargo do Ballet Zespól Piesni I Tanca ŁANY” de Polonia
Domingo 10: “Gran Gala Internacional XLV Mostra Folclórica de Viveiro” ás 20:30h na Praza Maior coa participación dos grupos:
Compañía de Danzas Tradicionais “Kirqui Wayra” de Chile
Ballet Folclórico “JAMMU” de Senegal
Ballet “Zespól Piesni I Tanca ŁANY” de Polonia
Grupo Etnográfico da “Areosa” de Portugal
Coros e Danzas “Francisco Salzillo” de Cieza, Murcia
Grupo “Bágoas da terra” de Viveiro



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



