A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 25, está organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo
Cervo, 15 de xullo do 2025. As pistas de atletismo da Veiga serán o escenario da V Carreira Popular Maruxaina, o próximo sábado, 19 de xullo, da man do Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita deportiva, puntuable para o circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 25, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por varios integrantes do Club Deportivo, na propia instalación na que se celebrará o evento a partir das 11:00 horas, sobre un circuíto de 200 m para pitufos, 500 m para benxamìns, 1000 metros para alevíns, 1609 metros para infantís e cadetes e de 5000 metros para a proba absoluta; con saída e meta nas instalacións deportivas da Veiga, e que transcorrerá por un circuíto mixto, polas rúas de San Cibrao e o paseo do Torno.
As persoas interesadas en participar aínda se poden inscribir a través da ligazón https://sportmaniacs.com/es/services/inscription/iv-maruxaina—san-ciprin nas diferentes categorías.
Desde o Concello de Cervo animan aos afeccionados e profesionais do atletismo a que se anoten a esta carreira, que é unha oportunidade para desfrutar destas instalacións privilexiadas e tamén de descubrir doutro xeito a beleza do litoral do noso Concello. Porque ademais do aspecto deportivo, a carreira é unha oportunidade perfecta para compartir unha xornada de lecer, fomentar hábitos de vida saudables e poñer en valor a nosa contorna natural e cultural.