Cervo, 21 de xullo, 2025. O Conxunto Histórico‑Artístico de Sargadelos acollerá unha carreira de montaña no marco das tradicionais Festas de Sargadelos.
O Trail Sargadelos 2025, organizado polo Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula, celebrarase no incomparable marco do Conxunto Histórico‑Artístico de Sargadelos como parte da programación oficial das Festas de Sargadelos 2025.
A cita deportiva combinará natureza, historia e esforzo físico nun circuíto que atravesará lugares emblemáticos desta contorna espectacular.
As modalidades e horarios das probas son as seguintes:
Andaina: saída ás 9:30 h
Carreiras infantís nas diferentes categorías: a partir das 9:35 horas
Trail absoluto: saída ás 10:15 h
A recollida de dorsais realizarase de 8:45 a 10:00 h o día da proba.
As inscricións están abertas ata o 25 de xullo a través da plataforma www.sportmaniacs.com e a proba forma parte do circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 25.
Desde o Concello de Cervo e Amigos da Troula, animan a formalizar a inscrición destacando que esta proba é unha oportunidade única para gozar dunha experiencia deportiva en contacto coa historia e a natureza de Sargadelos: “Queremos que Sargadelos sexa un punto de encontro entre a nosa historia e o presente, un espazo onde celebrar, correr e compartir”.