Poderá visitarse ata o vindeiro 29 de xullo con entrada libre no horario habitual. A mostra reúne retratos, paisaxes e esceas íntimas realizadas en acuarela, unha técnica que o autor leva décadas explorando cun estilo persoal, marcado pola sutileza, a emoción e a economía de medios. Médico e investigador en epidemioloxía ambiental, López-Abente desenvolveu a súa carreira no Instituto de Saúde Carlos III, en Madrid. A súa traxectoria artística, que foi medrando en paralelo á científica, ofrece unha ollada singular sobre o mundo que o rodea, entre a precisión e a intuición, entre a memoria e a beleza.
