Foz, 9 de Xullo, 2025. Un home faleceu esta tarde na Praia da Rapadoira, en Foz, tras ser rescatado do mar inconsciente.
O 112 Galicia recibía a alerta ás 21:20 horas, cando varios particulares chamaban para informar de que unha persoa estaba flotando e inconsciente na auga, e que varias persoas se estaban adentrando no mar para tratar de rescatalo.
De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Salvamento Marítimo, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade.
Unha vez rescatado e trasladado á area, o persoal sanitario iniciou de inmediato as manobras de reanimación, aínda que, lamentablemente, nada se puido facer por salvarlle a vida.