Trátase dun potente á zurdo de 22 anos que se acabou de formar na canteira do Illes Balears Palma Futsal e que procede do MKN Pula croata
Burela, 14 de xullo, 2025. O internacional venezolano Jason García convértese na primeira fichaxe do conxunto masculino do Burela FS para a tempada 25/26 en Segunda División. Trátase dun potente e veloz á zurdo de 22 anos que se acabou de formar na canteira do Illes Balears Palma Futsal e que procede do MNK Futsal Pula croata, equipo co que competiu o pasado curso na Primeira División do país balcánico e na que anotou 8 goles en 19 encontros disputados.
Jason García Gual (Mataró-Barcelona, 8-6-2003) empezou a xogar ao fútbol sala no equipo da súa cidade natal e en xuvenís enrolouse na canteira do Illes Balears Palma Futsal. Alí compaxinou o equipo xuvenil co filial de 2ªB, o ETB Calvià-Palma Futsal, chegando a debutar mesmo co primeiro equipo. Durante a súa etapa na estrutura palmesana recibiu tamén a chamada da selección española Sub-19, aínda que posteriormente decidiu competir coa absoluta de Venezuela, de onde son as súas raíces familiares. Despois do segundo equipo de Palma pasou ao UD Ibiza Gasifred, onde competiu en Segunda e logrou marcar 9 goles na campaña 2023/2024, previa á súa marcha ao fútbol sala croata.
Jason García, que se define como “un xogador eléctrico, veloz e moi intenso”, está moi contento de unirse á entidade mariñá. “Está claro que o Burela FS é un gran club e un histórico do fútbol sala español. Buscaba un proxecto ambicioso e que me motivase a dar o máximo de min e aquí estou seguro de que o atopei”, explica o internacional coa Vinotinto.
O á catalán espera “achegar todas as miñas calidades e axudar ao equipo o máximo posible”, confiando en que “seguro que poñendo cada un o seu gran de area lograrase o obxectivo que nos propoñamos e espero vivir unha gran tempada chea de alegrías e vitorias”, sinala. Finalmente, Jason convida á súa nova afección “a que veña a animar como sempre fixo e que nos axude a cumprir coas nosas metas, sendo todos un desde o principio e ata o final da tempada”, conclúe.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


