Lourenzá, 14 de xullo, 2025. Ocorreu contra as 10:30 horas desta mañá, e ambas foron evacuadas en ambulancia ao Hospital de Burela.
O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un coche e unha furgoneta acababan de chocar nunha estrada paralela á LU-P-2801, en Santo Adrao de Lourenzá. A furgoneta quedou envorcada e semellaba que os seus ocupantes eran incapaces de saír.
Con todo, cando chegaron os servizos de emerxencias comprobaron que as persoas xa estaban no exterior. Os implicados que resultaron feridos no accidente foron evacuados en ambulancia ao hospital.
Ademais dos servizos sanitarios, neste operativo participaron os Bombeiros de Barreiros, o GES da Pontenova e a Garda Civil de Tráfico.