Celeiro de Mariñaos, Barreiros, 14 de agosto de 2025. O pasado venres no adro da capela presentouse a Romería de San Caetano, que se celebrará o sábado 16 de agosto e o domingo 17 de agosto en Celeiro de Mariñaos. Esta romería, con fonda tradición na parroquia e na comarca contempla tamén a celebración da Festa da Tortilla, que vai xa pola XXVIII edición. Neste acto de presentación do programa, no que se obsequiou aos asistentes coa proba da tortilla para ir facendo boca para o vindeiro fin de semana do 16 e do 17 tivo lugar tamén e por primeira vez a lectura do pregón, e que neste primeiro ano o protagonista foi Emilio López, “Cele”, que é poseedor dun amplo currículum musical e que liderou bandas que revolucionaron o panorama musical galego coma Os Skornabois ou Safari Orquestra, e que é un profundo coñecedor desta romería, pois aparte de ser un asíduo romeiro, participou nela en diferentes formatos musicais.
Emilio reivindicou o mantemento deste tipo de festas e do palco de lona, palcos nos que ao longo da nosa historia actuaron as mellores voces e os mellores músicos do país. O pregoeiro rememorou diversas anécdotas vividas na romería, fixo un breve repaso pola historia do santo ademáis de falar dos seus vínculos coa parroquia de Celeiro de Mariñaos
A romería comezará o sábado 16 ás 13:30 con misa na capela e procesión, para continuar con unha maravillosa sesión vermu co Grupo de Gaitas da A.C. Saíñas de Xove e o grupo de música cubana con alma galega Toxo Guayaba
Haberá concurso de tortillas, e por suposto, degustación de tortilla. Pola tarde, outra gran actuación musical para o público miudo: Peter Punk Pallaso , co espectáculo “Chungo que te cagas”. Pola noite amenizará a verbena De Luxe Música. Haberá o xa clásico Baile do Farolillo e ao remate, chocolatada.
O domingo 17, ás 13:30 iniciarase a sesión vermú co Dúo Sonidos.
A tapa desta sesión vermú será o xamón cocido e cunca de caldo.
Ás 17:30 será o concurso Máster Tortilla, que poñerá o broche final a esta romería.
Cartel e camisolas de autor
No plan de difusión desta romería contan coma en anos anteriores con cartel e camisola de autor, deseñados polo artista gráfico David Ribas Pena, inspirada este ano no pintor francés Eugène Delacroix.
A camisola e demáis material de merchandising está xa á venta e poderase adquirir tamén na propia romería.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



