A Coruña, 1 de agosto de 2025. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo hoxe unha reunión co alcalde da Fonsagrada, Carlos López, na que abordaron diversas cuestións de interese para o municipio de competencia estatal. No encontro tratouse especialmente o estado de tramitación do novo cuartel da Garda Civil na localidade, co obxectivo de seguir impulsando e axilizando a súa execución. Así mesmo, revisáronse outros proxectos en marcha, como a extensión da fibra óptica ao conxunto do termo municipal, dentro dos plans de conectividade do Goberno.
Pedro Blanco reiterou o compromiso do Goberno coa cooperación institucional e destacou a importancia de escoitar aos concellos e atender as súas necesidades para mellorar a calidade de vida da veciñanza e garantir a igualdade de oportunidades no rural galego.