Viveiro, 14 de agosto de 2025. O colectivo Pensamento e Sementeira organiza este domingo 17 de agosto a segunda edición da Xira desde que foi recuperada no ano 2024, mantendo viva unha tradición con orixe nos anos vinte do século pasado e interrompida durante catro décadas. A cita desenvolverase na Área Recreativa de Portochao, nun ambiente festivo, musical e comunitario.
A xornada arrincará ás dez da mañá cunha ruta en kaiak desde a Rampa do Pavillón, en colaboración con ROQ Sport. As prazas para esta actividade xa están esgotadas. A partir das 11:30, o grupo Espera que vou mexar poñerá o toque musical para ir quentando o ambiente. Ao mediodía, ás 13:00 horas, celebrarase unha sesión vermú coa música de Brassica Rapa. Chegada a hora de xantar, arredor das dúas da tarde, terá lugar o tradicional xantar popular, no que se convida a levar o propio mantel e compartir comida con familia, amizades e veciñanza. A partir das catro da tarde será a quenda dos xogos tradicionais, recuperando propostas lúdicas que unen xeracións.
A Xira é unha das propostas máis singulares das Festas Patronais de Viveiro, pensada para gozar da natureza, da música e da convivencia, e que reafirma o compromiso do colectivo Pensamento e Sementeira coa preservación e revitalización das tradicións locais.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



