Viveiro, 1 de agosto, 2025. Por Viveiro explica que “un ano mais, as bandeiras sitas na Avenida de Galicia (diante da estación de Autobuses) presentan un avanzado estado de deterioro, feito que dá lugar a unha imaxe de desleixo e abandono”, polo que rogan ao equipo de goberno a realización das xestións necesarias para a súa reposición.
Por outra banda, na zona da igrexa de San Francisco colindante co Cantiño Lois Tobío “a maleza invade parte das fachadas, feito que dá lugar a unha imaxe deficiente de toda a contorna”. Rogando tamén ao equipo de goberno a realización das xestións necesarias para a reparación destas deficiencias.