O Presidente asinou coa representante da entidade, Noelia Piñeiro, un convenio de colaboración polo cal a institución provincial financiará a actividade deste colectivo sen ánimo de lucro que fomenta a cultura a través da música, a danza e o teatro
Lugo, 22 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a representante da asociación cultural Os do 21, Noelia Piñeiro García, asinaron no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración polo cal a institución provincial achegará 20.000€ a este colectivo. Os fondos da Deputación de Lugo servirán para que O Vicedo manteña os seis grupos folclóricos que integran Os do 21.
“Esta colaboración dá conta do compromiso que temos co tecido asociativo. Sabemos que unha boa rede de colectivos, activa e forte, é a columna vertebral da vida social e comunitaria do territorio. É sinónimo de máis democracia, máis desenvolvemento e máis futuro”, valorou o mandatario provincia, que puxo en valor o labor desta asociación nos seus máis de 40 anos de historia fomentando a cultura a través da danza, o teatro e as tradicións populares.
Os do 21 poderán afrontar, con cargo a este investimento da Deputación, os gastos de mantemento das instalacións, costear a indumentaria e materiais para as actividades culturais, o transporte, carteis para dar publicidade as súas actividades, financiar servizos de asesoría ou o gasto dos seguros de responsabilidade civil.
Na actualidade, a agrupación folclórica é a única asociación deste tipo que hai no concello e consta dos seguintes grupos: As Folerpas, con integrantes de entre 6 e 12 anos; As Faiscas, para persoas de entre 12 e 15 anos; As Ferriñas, entre 14 e 22 anos; As Furelas, que é un grupo de iniciación para adultos; e Os do 21, que é o grupo adulto.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



