Os traballos na LU-P-1106 estanse a levar a cabo por tramos nun total de case 10 quilómetros, e atópanse na primeira fase coa limpeza e a reapertura de cunetas para continuar coa drenaxe, o aglomerado en quente e a renovación da sinalización
Lugo, 22 de setembro de 2025. A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora na estrada provincial LU-P-1106 que é a vía que conecta Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza, por Reigosa, cun investimento de 450.000€. Nestes momentos, os traballos atópanse na fase inicial coa reapertura de cunetas. Posteriormente, a institución provincial actuará na canalización de formigón para a mellora da drenaxe ao inicio da estrada, a pavimentación con aglomerado en quente e a sinalización horizontal.
Os traballos abranguen case 10 quilómetros de vía divididos en tres tramos. O primeiro treito que vai desde o inicio da estrada, á altura da ponte sobre o río Azúmara, ata o punto quilométrico 7,682, na parroquia de Pacios (Castro de Rei). O segundo é o que pasa pola parroquia da Reigosa, xa no termo municipal da Pastoriza, entre os puntos quilométricos 9,5 e 10. E, o terceiro treito é o que afecta dende a rotonda de conexión coa LU-P-4401, á altura da Ermida, entre os quilómetros 10,5 e 11,74.
As obras están a ser executadas pola empresa Cholo S.L e teñen un prazo de un mes e medio, co obxectivo de mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios desta importante vía provincial. Trátase dunha actuación de gran relevancia moi transitada xa que conecta os concellos de Castro de Rei e A Pastoriza, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social e garantindo unha maior seguridade e acceso a servizos básicos entre estes municipios.
A mellora desta vía enmárcase no Plan de mellora das estradas 2025, anunciado a finais do pasado ano polo Presidente, José Tomé Roca, cun investimento que supera os 15M€ para acondicionar 400 quilómetros de vías por toda a provincia. Deste xeito, con esta nova actuación a institución provincial continúa a traballar no seu compromiso cunha das grandes prioridades do Goberno provincial como é a mellora da mobilidade e a seguridade viaria na provincia.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



