Viveiro, 11 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou esta mañá, xunto con BNG, unha solcitude para a convocatoria dun Pleno extraordianrio no que a Alcaldesa dea explicacións sobre o vertido masivo de purín acontecido o pasado 6 de xuño dende Muras, e que afectou ao río Landro e obrigou a restrinxir o consumo de auga a traída en Viveiro.
Aquel episodio provocou graves consecuencias ambientais e para a veciñanza, que durante varios días non puido empregar a auga da traída para beber, cociñar nin para a hixiene bucal, sendo necesario abastecerse mediante camións cisterna.
Dende o Partido Socialista “queremos deixar claro que non cuestionamos a actuación dos servizos técnicos nin das administracións implicadas, ás que agradecemos expresamente. Grazas a eles evitouse unha catástrofe”.
“O que solicitamos é transparencia e información oficial, posto o que ata o momento a Alcaldesa non convocou ningunha xunta de voceiros, nin comparecencia formal, e tanto a Corporación como os veciños/as tiveron que coñecer os feitos únicamente a través dos medios de comunicación”.
“Resulta incomprensible que, transcorridos xa máis de tres meses, a Alcaldesa de Viveiro non convocara ningunha xunta de voceiros para dar explicacións nin ofrecer información oficial sobre o acontecido. Nin sequera se molestou en informar aos representantes municipais. Isto é unha mostra máis da opacidade e falta de transparencia coa que está a gobernar”, sinala a voceira do partido socialista María Loureiro.
“Os nosos veciños e veciñas merecen saber que pasou, cale foron as consecuencias reais e que medidas se van a adoptar para evitar que algo así non volva a ocorrer. A alcaldesa ten a obrigación de explicar e non pode seguir agochada detráis do silencio, e incluso cabrearse cando se lle preguntou no pleno de agosto, logo de presentarlle dous escritos solicitando unha xunta de voceiros e fixo caso omiso”.
Por iso, xunto con BNG, “solicitamos un Pleno Extraordinario, para que sexa no máximo órgano de representación municipal onde se dean explicacións públicas”.
“Porque Viviero pecisa un goberno que dea a cara e asuma a responsabilidade, e non un goberno que se limite a pasar páxina como se nada acontecese”, conclúe María Loureiro.