A Mariña, 24 de setembro de 2025. A xestión turística sostible nos territorios será o eixe central do I Foro Turismo e Sostibilidade que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de outubro, na Mariña Lucense. A Casa da Cultura do Valadouro acollerá este encontro no que participarán expertos de referencia internacional na xestión de territorios, destinos e empresas, que compartirán as súas experiencias e analizarán xunto cos participantes o alcance da sostibilidade no sector turístico e a contribución que este sector ten no eido económico, social e cultural.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “o obxectivo deste foro é converterse nun punto de encontro nacional do debate sobre turismo e sostibilidade, un evento impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co que queremos favorecer a reflexión sobre o papel do turismo na sociedade actual. Trátase dun evento participativo que nace coa vocación de acoller todos os puntos de vista dos axentes sociais implicados no sector, polo que está aberto non só aos técnicos e profesionais, senón tamén á cidadanía en xeral”.
A inscrición é totalmente gratuíta e debe realizarse a través do seguinte formulario ata o 29 de setembro:
https://docs.google.com/forms/d/1l9ho2-xkV6N-Hezp4EJPhH1d4K5tbkTI1j1bWZ9lno8/edit
A iniciativa enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, e que nos últimos anos vén avanzando na execución de diferentes proxectos que teñen como obxecto favorecer o desenvolvemento dun turismo máis integrador, respectuoso e de calidade no territorio.
PROGRAMA
9:00-9:15h: Recepción e acreditación de participantes
9:15-9:30h: Inauguración oficial
BLOQUE 1. É posible un turismo sostible?
9:30-10:05h:David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center.
BLOQUE 2. Perspectivas
10:15-10:50h: A perspectiva do territorio
Alfonso Bertrán, Arquitecto da Fundación RIA
11:00-11:35h: A perspectiva dos destinos turísticos
Nere Aritzoy. Mancomunidad de UrolaKosta (Gipuzkoa)
11:45-12:30h: Pausa café
12:30-13:05.A perspectiva das empresas
Patricia Dueñas. Experta en sostibilidadee economía circular. Circle Economye Grupo Iberostar
13:05-14:15h: Mesa redonda
13:05-13:20h:É posible un turismo sostible?
Introdución a cargo de Iñaki Gaztelumendi. Consultor estratéxico no sector turístico e asesor de ONU Turismo
13:20-14:15h: Turismo sostible
Modera: Iñaki Gaztelumendi
Interveñen:
-David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico del Basque Culinary Center
-Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA
-Patricia Dueñas, experta en sostibilidade e economía circular
-Nere Aritzoy, Mancomunidad UrolaKosta
-Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña
-José Manuel Villapol, representante na Mesa de calidade no SICTED da Mariña e xerente do hotel rural Finca Goleta-Foz
-Pepe Peinó, coordinador do programa Mariña Marabillosa





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



