Trabada, 25 de setembro de 2025. O Concello de Trabada vén de executar diferentes melloras en Villapercide, consistentes na instalación dun novo alumeado público e na mellora dos accesos ao campo da festa.
Con esta actuación, o goberno municipal atende as demandas da veciñanza e continúa co seu compromiso de modernizar infraestruturas e espazos de uso comunitario nas distintas parroquias do concello.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “seguimos a dar resposta ás necesidades veciñais, mellorando servizos básicos como o alumeado público e acondicionando espazos tan importantes como os campos da festa, que son lugares de encontro social e cultural”.
Desde o Concello sinalan que estas obras forman parte da estratexia municipal de mellora continua dos equipamentos públicos, co obxectivo de garantir condicións máis seguras e confortables.