O criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas censadas no Concello
Cervo, 8 de setembro, 2025. O Concello de Cervo abre mañá martes, 9 de setembro, o prazo de inscrición para a nova tempada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación.
Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, balonmán e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, corpo activo e ioga.
As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.
Tamén se abre o prazo este martes para os cursos de natación da tempada 2025-2026 tanto para infantil como para adultos. Hai diferentes grupos en función do nivel de natación e tamén se impartirán clases de Aquagym. O criterio de admisión fixarase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia os empadroados no Concello de Cervo.
As fichas de inscrición faranse de forma presencial na piscina municipal.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, presentaron a programación completa das actividades explicando que “dende o Concello de Cervo seguimos facendo unha firme aposta pola práctica deportiva como ferramenta de benestar físico e emocional. Queremos facilitar que a nosa veciñanza, tanto as crianzas, como a mocidade e as persoas adultas, teñan ao seu alcance unha programación variada e de calidade, adaptada ás súas necesidades e intereses.”
“Estamos convencidos –engadiron- de que estas actividades non só fomentan hábitos de vida saudables, senón que tamén fortalecen os lazos sociais e contribúen a dinamizar a vida do noso municipio porque o deporte é sinónimo de saúde, convivencia e integración, e desde o Concello de Cervo imos seguir traballando para que toda a veciñanza teña a oportunidade de acceder a unha variada axenda de actividades para todos os públicos”.





















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



