Cúmprense 20 anos da UNED, sendo un goberno socialista, o que impulsou e mantivo este centro asociado en Viveiro
Viveiro, 16 de setembro de 2025O grupo Municipal Socialista quere felicitar á UNED polos seus 20 anos de presenza en Viveiro, “un proxecto que contribuíu á formación e ao desenvolvemento cultural e profesional de moitos veciños/as da nosa comarca”.
“Porén queremos manifestar a nosa decepción, porque onte no acto institucional non se fixese un xusto recoñecemento a quen verdadeiramente impulsou a chegada da UNED a Viveiro: o exalcalde Melchor Roel, quen fixo posible que a nosa vila contase con un centro universitario asociado. Sen o seu traballo e compromiso político, Viveiro mon gozaría hoxe desta realidade”.
“Como goberno socialista no Concello, mantivemos un esforzo constante para garantir a continuidade da UNED, asumindo un importante compromiso económico e institucional. Foron anos de apoio decidido, tamén nos 11 anos de Alcaldía de María Loureiro para que o centro seguise aberto ofrecendo oportunidades de estudo”.
“Ademáis consideramos unha falta de respecto institucional que a Alcaldesa non fixese partícipe ao conxunto da Corporación municipal, e os convidase a participar neste acto. Todos os concellerios e concelleiras representamos á cidadanía de Viveiro, e conmemoracións coma esta non deben ser ocasións para acaparar protagonismo, senon momentos para sumar e compartir recoñecementos”.
“En definitiva, celebramos os 20 anos da UNED en VIVEIRO, pero reclamamos xustiza histórica e recoñecemento político a quen fixo posible esta realidade, ao tempo que esiximos maior respecto á Corporación municipal e pluralidade democrática”.